Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifican o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2004/0263-4).

Ao non seren atopados no domicilio coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a comunicación do sobresemento e arquivamento do Xulgado número 1 da Estrada, recaído no procedemento 1439/2003, polo accidente laboral do traballador Eladio Parcero Ríos.

Os documentos que constan no expediente son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (23.4.2004).

• Comunicación do sobresemento e arquivamento.

A ausencia de alegacións dentro do prazo legal permite confirmar a acta, en aplicación da presunción de veracidade que lle recoñece o artigo 53.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Concédeselles un prazo de dez días hábiles para formularen as alegacións que consideren pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2004/0263-4.

Acta: 459/2004.

Empresa: Aglomerados del Noroeste, S.L.

NIF: B27208891.

Enderezo: Monte Sequeiros, s/n, Curro-Barro.

Vigo, 17 de xaneiro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo