Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5713

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2014/12-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT MUR809 en Ponte Cabras-Campañó.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV en tres tramos:

– 103 metros; condutor: LA110/116; orixe: apoio proxectado C4500/22; final: apoio proxectado CH 1000/11.

– 93 metros; condutor: LA110/116; orixe: apoio proxectado C4500/22; final: apoio existente HV 1000/15.

– 35 metros; condutor: LA56/54; orixe: apoio proxectado C4500/22; final: apoio existente C 1000/12.

A instalación está situada no lugar de Ponte Cabras, Campañó, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra