Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza número 741/2013, do 10 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 10 de outubro de 2014, pronunciou a sentenza número 741/2013, ditada no procedemento ordinario nº 4031/2010, interposto por Desarrollos Urbanos del Atlántico, S.L., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador José María Moreda Allegue, en nome e representación de Desarrollos Urbanos del Atlántico, S.L., contra a Orde do 9 de novembro sobre a aprobación definitiva das modificacións puntuais do distrito norte número 15-20 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ourense, e anulámolo.

Sen condena de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo