Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores por infracción da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza (CON-CO-0107/2013-V e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 8º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: CON-CO-0107/2013-V.

Denunciada: Mª Dolores López Maestu.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CON-CO-0102/2013-V.

Denunciado: José Manuel Camean Fernández.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CON-CO-0068/2013-V.

Denunciado: Joenilson Santana da Silva.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: CON-CO-0067/2013-V.

Denunciado: Domingo Núñez Rueda.

Acto de notificación: acordo de iniciación.