Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2014 Páx. 5556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas en varios recursos administrativos (expediente RA/AG/2013/00120 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas nos recursos de alzada devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Edificio Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as devanditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo sinalado no anexo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Núm. recurso

Núm. expediente

Recorrente/Interesado

Resolución do recurso

Recurso contencioso-administrativo perante o:

RA/AG/2013/00120

DH.D15.26023

Grupo Inmobiliario Alveal, S.L.

Desestimatoria

Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago ou circunscrición en que teña o domicilio o recorrente

RA/AG/2013/00100

DH.D36.18234

Beatriz Cobas Magariños

Desestimatoria

Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago ou circunscrición en que teña o domicilio o recorrente

RA/AG/2013/00099

DH.D36.18078

José Luis Viñas Morgade

Desestimatoria

Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago ou circunscrición en que teña o domicilio o recorrente

RA/VI/2012/00157

36-A-0266/01

Roberto Santomé Romero

Desestimatoria

Xulgado Contencioso-Administrativo de Pontevedra

RR/O/2013/00024

AC/13/037.09

Tecnoma

Desestimatoria

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia