Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo non suxeito a regulación harmonizada para o estudo da viabilidade técnica, ambiental e económica que poida supoñer a demolición/modificación dos obstáculos na bacía do río Ulla, proxecto Life + natureza e biodiversidade 2009, recuperación das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacía do río Ulla (Galicia), denominado Margal Ulla (clave OH.088.307.SV), cofinanciado coa contribución do instrumento financeiro Life da Unión Europea.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias, ditada pola Presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: estudo da viabilidade técnica, ambiental e económica que poida supoñer a demolición/modificación dos obstáculos na bacía do río Ulla, proxecto Life + natureza e biodiversidade 2009, recuperación das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacía do río Ulla (Galicia), denominado Margal Ulla.

Número de expediente: OH.088.307.SV.

CPV (referencia de nomenclatura): 71300000-1.

Medio e data de publicación da licitación: DOG número 114, do 15 de xuño de 2012.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 121.996,42 euros. Importe total: 143.955,78 euros. Cofinanciado coa contribución do instrumento financeiro Life da Unión Europea, que poderá alcanzar ata unha porcentaxe do 50 % dos gastos do proxecto, a través dos fondos Life + natureza e biodiversidade dentro do proxecto aprobado Life + natureza e biodiversidade 2009, recuperación das poboacións de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus na bacía do río Ulla (Galicia), denominado Margal-Ulla, proxecto LIFE09NAT/ES/000514, Margal Ulla, no ámbito da acción A.3: estudo da viabilidade técnica, ambiental e económica que poida supoñer a demolición/modificación dos obstáculos, actuación que se levará a cabo no curso principal do río Ulla e afluentes.

Data de adxudicación: 12 de xullo de 2013.

Importe de adxudicación. Importe neto: 101.406,71 euros. Importe total: 122.702,12 euros.

Data de formalización do contrato: 30 de decembro de 2013.

Contratista: Egis Eyser, S.A.

3. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2014

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file