Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2014 Páx. 5219

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de cociñeiro/a e pinche.

Por Resolución da Dirección de Recursos Humanos do 15 febreiro de 2013 (DOG nº 39, do 25 de febreiro) abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías de xestión e servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, entre elas as de cociñeiro/a e pinche.

Na dita resolución preveuse unha xeración de listas coas persoas inscritas ata o 25 de marzo de 2013 que cumpran os requisitos determinados nesa resolución.

Por Resolución do 13 de novembro de 2013 (DOG nº 223, do 21 de novembro) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as.

Finalizado o prazo de reclamación contra a dita resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade coa base sétima da Resolución do 15 febreiro de 2013 de inicio do prazo de inscrición nas listas das respectivas categorías,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de cociñeiro/a e pinche.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas encóntranse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base sétima da Resolución do 15 de febreiro de 2013, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do 11 de febreiro de 2014. Resultarán de aplicación aos chamamentos que se efectúen a partir da dita data as normas de xestión contidas no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado pola Resolución do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio).

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos