Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2014 Páx. 5117

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO do proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, dunha praza de auxiliar condutor.

No BOP da Coruña número 246, do 27 de decembro de 2013, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir, por persoal laboral fixo, unha praza de auxiliar condutor, con nivel de titulación de graduado escolar ou equivalente, vacante no cadro de persoal do concello. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais para a provisión de prazas vacantes convocadas polo Concello de Oleiros para o ano 2010, publicadas no BOP da Coruña número 72, do 20 de abril de 2010, e a súa modificación no BOP número 113, do 17 de xuño de 2010. O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da dita publicación, os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Oleiros, 2 de xaneiro de 2014

Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal