Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4840

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1377/2010).

Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 1377/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Pintor Vigo contra a empresa Imagraf, Sociedad Cooperativa Limitada, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxa resolución di literalmente:

«Que, estimando integramente a demanda interposta polo demandante Manuel Pintor Vigo, debo condenar e condeno a Imagraf, Sociedad Cooperativa Limitada a lle aboar ao demandante a cantidade de 2.139,38 €, máis o 10 % de xuro por mora.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Imagraf, Sociedad Cooperativa Limitada, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial