Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2014 Páx. 4853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de xaneiro de 2014 pola que se dá traslado da resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/135/2012.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 7 de xaneiro de 2014, ditou resolución pola que se declara que as obras de construción dunha vivenda unifamiliar e dúas edificacións auxiliares no lugar de Miñán, San Tomé de Piñeiro, no termo municipal de Marín, provincia de Pontevedra, son ilegalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e pola que se ordena a súa demolición e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos aos que desen lugar. A orde de demolición deberá ser executada no prazo de tres meses contados desde a notificación desta resolución, dando conta á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Así mesmo, declárase que as obras de construción dunha piscina sita na mesma parcela son legalizables e requírese a interesada para que no prazo de tres meses presente a solicitude de autorización autonómica para a legalización das obras.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Úrsula González Martínez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía adminitrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística