Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de elaboración do proxecto e execución da obra pública hidráulica que se cita, non suxeito a regulación harmonizada, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias, ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1) Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: administrativo de elaboración de proxecto e execución de obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2) Obxecto do contrato: proxecto e obra.

Descrición: estación depuradora de augas residuais de Malpica de Bergantiños (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1037.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9 e 45232420-2.

Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 152, do 9 de agosto de 2013.

Orzamento base de licitación: importe neto: 4.511.168,42 euros. Importe total: 5.458.513,79 euros.

Data de adxudicación: 7 de novembro de 2013.

Importe de adxudicación: importe neto: 4.173.553,72 euros. Importe total: 5.050.000 euros.

Data de formalización do contrato: 13 de xaneiro de 2014.

Contratista: S.A. de Obras y Servicios, Copasa & Veolia Water Systems Ibérica (VWSI), S.L.U. Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982, do 26 de maio.

3) Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos; tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.1: actuacións establecidas no Plan de saneamento de Galicia, no programa AXUA (actuacións para a xestión e a utilización da auga) e nos plans hidrolóxicos de bacía. Unha maneira de facer Europa.

4) Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file