Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo correspondente ao expediente de contratación 2013.29.EF.A, servizo para a xestión, coordinación e desenvolvemento de accións formativas implementadas no programa Cisco Networking Academy, certificación da formación, realización dun estudo ocupacional específico e de situación e evolución de solucións formativas e certificacións e celebración de tres seminarios técnicos dirixidos a profesionais e empresarios en relación coa tecnoloxía Cisco.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para a xestión, coordinación e desenvolvemento de accións formativas implementadas no programa Cisco Networking Academy, certificación da formación, realización dun estudo ocupacional específico e de situación e evolución de solucións formativas e certificacións e celebración de tres seminarios técnicos dirixidos a profesionais e empresarios en relación coa tecnoloxía Cisco.

c) Tipo de fondo: cofinanciado polo Fondo Social Europeo e pola Administración do Estado, dentro do programa operativo Adaptabilidade e Emprego 2007ESO5UPO0001, período de programación 2007-2013.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: sesenta e nove mil oitocentos euros (69.800,00 €) exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

5. Adxudicación:

a) Data: 31 de decembro de 2013.

b) Contratista: Pen Consultoría y Formación, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cincuenta e oito mil oitocentos euros (58.800,00 €) exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido.

6. Formalización: 15 de xaneiro de 2014.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2014

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar