Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2014 Páx. 4674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse acta da xunta directiva da Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados, onde se reflicte o acordo acadado o 10 de setembro de 2013, que consiste no cambio do domicilio social que pasa a ser na praza Luís Seoane, torre 1, entresollado, 15008 A Coruña.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social