Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4572

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de ordenación do porto Sada-Fontán.

Mediante Decreto da Alcaldía 24/2014, do 9 de xaneiro, foi aprobado inicialmente o Plan especial de ordenación do porto Sada-Fontán, con data de decembro de 2012, elaborado pola empresa Proyfe, xunto co anexo redactado pola dita empresa con data de agosto de 2013. Consonte o previsto no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o dito documento exponse ao público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan examinalo e presentar cantas suxestións e alegacións xulguen oportunas; o expediente estará exposto ao público no Servizo de Urbanismo do Concello de Sada.

Sada, 28 de xaneiro de 2014

Ernesto Anido Varela
Alcalde