Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2014 polo que se fai pública a proposta de resolución ditada no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Enrique Coo Castro (concello de Corcubión). Clave DH.D15.43036.

Con data do12 de decembro de 2013 ditouse proposta de resolución no expediente sancionador de referencia seguido contra Enrique Coo Castro pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.e) da Lei 9/2010.

Intentada a notificación da devandita proposta de resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante o presente anuncio notifícaselle a proposta de resolución ao interesado, e faiselle saber que unha copia dela se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia