Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2014 Páx. 4233

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso convocado pola Orde do 30 de maio de 2013 para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, de sistemas e tecnoloxía da información; do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala de xestión de sistemas de información, e do corpo administrativo da Xunta de Galicia, escala técnica auxiliar de informática.

Unha vez realizada a valoración dos méritos alegados polos/as concursantes e de conformidade coa proposta da Comisión de Valoración, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto na base VIII.4 da convocatoria (DOG núm. 106, do 5 de xuño),

RESOLVE:

Facer públicas as puntuacións provisionais dos/das concursantes admitidos/as respecto de cada un dos postos solicitados. As ditas puntuacións atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; nas oficinas do Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe Función Pública.

Contra estas puntuación provisionais os interesados poderán formular reclamación no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas xefaturas territoriais, nas oficinas comarcais da dita consellería, ou nos demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O formulario de reclamación estará á disposición dos interesados na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública