Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2014 Páx. 3862

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Estudios Cacumen, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

3. Data: do 17 ao 20 de febreiro de 2014.

4. Lugar de celebración: estrada A Coruña-Carballo, km. 3,600, local 6 (Naves Raherce), 15142 Arteixo (A Coruña).

5. Número de prazas: máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a persoal auxiliar dos servizos de aplicación de biocidas, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo I.

9. Programa.

Día 17.2.2014

16.00-18.30 h

Biocidas. Descrición e clasificación dos distintos tipos de biocidas.

18.30-21.15 h

Principais pragas. Pragas ambientais. Loita contra as pragas ambientais. Métodos de loita antivectorial.

Día 18.2.2014

16.00-18.30 h

Técnicas de aplicación de biocidas.

18.30-21.15 h

Prácticas. As principais pragas e métodos de loita. Métodos de prevención contra pragas.

Día 19.2.2014

16.00-18.30 h

Riscos derivados da manipulación de biocidas. Biocidas e ambiente. Problemas de destrución de envases.

18.30-21.15 h

Hixiene e seguridade na manipulación de biocidas. Intoxicación, prevención, diagnóstico e primeiros auxilios.

Día 20.2.2014

16.00-18.30 h

Aplicación de distintos métodos de loita contra as pragas ambientais. Técnicas de aplicación de biocidas.

18.30-20.15 h

Prácticas: uso adecuado dos medios de protección persoal. Destrución de envases. Actuación e primeiros auxilios ante intoxicacións por biocidas.

20.15-21.15 h

Exame tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente, co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

Datas: do 17 ao 20 de febreiro de 2014.

Lugar de celebración do curso: estrada A Coruña-Carballo, km. 3,600, local 6 (Naves Raherce), 15142 Arteixo (A Coruña).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 16.00 ás 21.15 horas.

Nº de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes: Estudios Cacumen, rúa Tui, nº 24, baixo, 27004 Lugo. Teléfono: 982 24 39 44. Fax: 982 28 41 61. Correo electrónico: cacumen@cacumenlugo.com.

Fecha límite de presentación de solicitudes: 12 de febreiro de 2014.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude:

Apelidos: ................................................................................................................................

Nome: ....................................................................................................................................

NIF: ........................................................................................................................................

Enderezo: ..............................................................................................................................

Localidade: ............................................................................................................................

Teléfono: ......................................................................... Fax: ..............................................

Empresa: ...............................................................................................................................