Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3715

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira (financiadas polo Fondo Europeo da Pesca), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 143, do 27 de xullo) e pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 137, do 19 de xullo) na segunda proposta da convocatoria de 2013.

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a disposición adicional primeira da orde reguladora dispón: «A Consellería do Mar publicará no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas con suxeición a esta orde, indicando o programa e crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 12.31.723B.770.0 e 12.31.723B.780.0 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais aprobados pola Consellería do Medio Rural e do Mar aos grupos de acción costeira na segunda proposta da convocatoria de 2013, cofinanciadas nun 75 % polo Fondo Europeo da Pesca.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO
2ª proposta da convocatoria de 2013

Beneficiario

Proxecto

Subvención

Agustín Emilio Prado González

Surfandbreakfast.com

61.024,20 €

Albergue de Muxía, S.L.

Máis mar no Bela Muxía

197.835,30 €

Asociación Mexilloeira Rianxeira

Horizonte 2030

17.591,46 €

Asociación Pro Minusválidos del Ortegal (Aspromor)

Curso de formación para reparación e recuperación de envases plásticos de industria pesqueira e outros

26.785,37 €

Ateneo Santa Cecilia Club Unesco Marín

I Escola de Verán Acción Costeira

15.619,47 €

Camuyde, S.L.

Materiais de comunicación e venda para sistema de varandas en fibra de vidro para embarcacións de pesca

8.888,16 €

Concello da Guarda

Empreamar: medio mariño como recurso para o emprendemento

27.085,60 €

Concello da Laracha

Mar de Caión: «Descubre o mar»

37.760,00 €

Concello da Pobra do Caramiñal

I Exaltación Sabores da Ría

41.689,86 €

Concello de Baiona

Poseidón: recuperación da antiga cetaria

67.953,26 €

Concello de Cabana de Bergantiños

Rehabilitación de antigo serradoiro para escola de vela e punto de información

154.701,25 €

Concello de Camariñas

Plan de dinamización do sitio de interese nacional Cabo Vilán, Camariñas «O Mar Todo»

89.280,00 €

Concello de Marín

Acondicionamento do espazo de expansión e acceso á praia de Aguete

63.113,97 €

Concello de Poio

Axenda estratéxica para a illa de Tambo

26.284,96 €

Concello de Redondela

Redondela comprázeme

32.004,60 €

Concello de Rianxo

Festa da patela

50.662,12 €

Concello de Soutomaior

Un mar de saberes

13.810,50 €

Concello de Vilagarcía de Arousa

O sabor do mar

20.801,90 €

Confraría de Pescadores de Burela

Vídeo receitario Os 12 sabores do Mar de Burela

6.090,00 €

Confraría de Pescadores de Burela

Documentalización audiovisual da memoria histórica: vídeo sobre o 20 aniversario da Guerra do Bonito

8.260,00 €

Confraría de Pescadores Virxe do Monte de Camariñas

Mellora na comercialización do marisqueo

7.947,00 €

Confraría de Pescadores de Espasante

Mellora das condicións de traballo das mariscadoras de Espasante_2ª fase

7.630,00 €

Confraría de Pescadores de Laxe

Mellora dos sistemas de información da poxa

4.050,00 €

Confraría de Pescadores de Miño

Rehabilitación do 1º andar da Casa do Pescador de Miño. Creación do Centro de interpretación e Museo do Golfo Ártabro

163.295,88 €

Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas

Depuración do ácido domoico Pecten maximus

2.400,00 €

Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro

Mariñeiros por un día: achegando a escola ao mar_2ª fase

10.290,00 €

Confraría Santiago Apóstolo de Carril

Infolonxa.com-Confraría de Carril

7.054,20 €

Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños Cemma

Galicia no lombo da balea II

39.400,00 €

Equix Deseño de Espazos, S.L.

Rural 24 Maritime Experience

200.000,00 €

Fair Fishery from Galicia, S.L.

Fresco e do mar

17.572,99 €

Francisco Javier Molinos Bermúdez

Hotel gastronómico Vila do Son

39.597,00 €

Hermanos Sar Romero, S.L.

Albergue accesible Fin do Camiño Xacobeo Muxía

198.192,70 €

Industrias Cerdeimar, S.L.

Melloras tecnolóxicas en industria conserveira

67.845,00 €

JJ Chicolino, S.L.

Cazatunes

222.810,00 €

José Antonio Romaní Sampedro

Rehabilitación de edificio para pensión-taberna

142.879,66 €

Mancomunidade de Municipios do Salnés

Camgal. Plans de continxencia por contaminación mariña

14.000,00 €

Mancomunidade de Municipios do Salnés

O produto da ría. Referente mundial

29.752,06 €

O Canto da Balea, S. Coop. Galega

Promoción, fomento e divulgación de consumo responsable de produtos da pesca artesanal responsable

1.222,20 €

Ocio Atlántico Gestión de Servicios Turísticos, S.L.

EumeOcio: dinamización turística na ría do Eume

112.737,86 €

Pronervus Energías Renovables, S.L.U.

Taller de cultura gastronómica do mar

138.478,66 €