Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2013/267-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, núm. 171, 15007 A Coruña.

Denominación: subestación Ponte Sampaio 66/20 kV-posición liña 66 kV Ponte Caldelas II.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: ampliación na subestación de Ponte Sampaio, Pontevedra, do parque de 66 kV mediante a instalación dunha nova cela de posición de liña 66 kV 608L/Ponte Caldelas II, do tipo cela blindada de interior con illamento en SF6, en configuración de dobre barra, cos seus correspondentes dispositivos de protección, control e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 30 de decembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra