Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas no recurso RA/VI/2013/00311 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas nos respectivos recursos, logo de que fosen devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, tentadas as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.

Fáiselles saber que contra as devanditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo sinalados no anexo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días sinalado ou, de ser o caso, desde o seguinte ao da comparecencia do interesado nesta secretaría xeral técnica.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Recurso

Expediente recorrido

Recorrente

Resolución do recurso

Recurso

contencioso-administrativo no:

RA/VI/2013/00311

L-AR-0304/10

LJ Pernas Promociones, S.L.U.

Inadmisión a trámite

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo

RA/VI/2013/00859

L-AR-0305/10

LJ Pernas Promociones, S.L.U.

Inadmisión a trámite

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo

RA/VI/2013/00860

L-AR-0120/11

LJ Pernas Promociones, S.L.U.

Inadmisión a trámite

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo

RA/VI/2013/00861

L-AR-0121/11

LJ Pernas Promociones, S.L.U.

Inadmisión a trámite

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo

RA/VI/2013/00862

L-AR-0244/12

LJ Pernas Promociones, S.L.U.

Inadmisión a trámite

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo