Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2014 Páx. 3789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2014 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario de varios portos.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 30 de marzo de 2012, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Resolución: 24 de setembro de 2013.

Referencia: 14-07-12-C-2.

Obxecto: concesión de ocupación de dominio público portuario para explotar unhas instalacións náutico-recreativas.

Porto: Viveiro.

Concesionaria: Fomento de Iniciativas Náuticas, S.L.

Prazo: 15 anos.

Taxas: 32.414,54 €/ano en concepto de TODP e entre o 1 % e o 2 % de facturación anual en concepto de ACIS.

– Resolución: 10 de outubro de 2013.

Referencia: 13-25-13-C-1.

Obxecto: explotación de bar e terraza anexa.

Porto: Cesantes.

Concesionaria: Elvira González Hrelja.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 3.515,66 €/ano en concepto de TODP e o 2 % da facturación anual en concepto de ACIS.

– Resolución: 5 de novembro de 2013.

Referencia: 13-17-12-C-1.

Obxecto: legalización de liñas eléctricas soterradas de media e baixa tensión.

Porto: Bueu.

Concesionaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 103,16 €/ano en concepto de TODP e o 2 % da facturación anual en concepto de ACIS.

– Resolución: 8 de novembro de 2013.

Referencia: 12-04-88-C-1.

Obxecto: modificación substancial e terceira prórroga da concesión de lonxa.

Porto: Cedeira.

Concesionaria: Confraría de pescadores de Cedeira.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 11.291,99 €/ano en concepto de TODP e 0,0015 € por quilogramo de peixe vendido na lonxa anual en concepto de ACIS.

– Resolución: 22 de novembro de 2013.

Referencia: 13-20-12-C-1.

Obxecto: instalación dunha rede de cable soterrada.

Porto: Cangas.

Concesionaria: R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 417,1 €/ano en concepto de TODP e o 2 % do volume de negocio xerado no ámbito da concesión en concepto de ACIS.

– Resolución: 12 de decembro de 2013.

Referencia: 12-51-10-C-1.

Obxecto: modificación substancial da concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario para a construción e explotación de instalacións náutico-recreativas.

Porto: Escarabote.

Concesionario: Club Náutico Deportivo Barraña.

Prazo: ata o 17 de marzo de 2036.

Taxas: 12.325,31 €/ano en concepto de TODP e entre o 1 % e o 2 % de facturación anual en concepto de taxa ACIS.

– Resolución: 20 de decembro de 2013.

Referencia: 14-05-90-C-1.

Obxecto: modificación substancial para ampliación dunha nave existente na concesión de varadoiro de buques de ata 500 toneladas.

Porto: Burela.

Concesionaria: Varaderos Vibú, S.L.

Prazo: ata o 8 de xaneiro de 2021.

Taxas: 17.542,7 €/ano en concepto de TODP e 1 % do volume de negocio xerado no ámbito da concesión en concepto de ACIS.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución que fai público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia