Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2014 Páx. 3616

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do Plan de sectorización do predio Repsol Butano neste concello.

Tras ser aprobada inicialmente a modificación do Plan de sectorización do predio Repsol Butano en Monforte de Lemos (Lugo), mediante resolución da Alcaldía do 22.1.2014 sométese a información pública durante o prazo dun mes contado desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas en todo o ámbito do territorio afectado polo proxecto de modificación do Plan de sectorización.

Monforte de Lemos, 22 de xaneiro de 2014

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde