Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2014 Páx. 3617

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle AR-1 P-2 do Plan xeral de ordenación municipal deste concello.

Mediante Resolución da Alcaldía do 27.12.2013 aprobouse inicialmente o estudo de detalle que promove a Xunta de Compensación do polígono 2 da área de repartición número 1 Río Carboeiro 1, do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Oroso.

O obxecto do dito estudo de detalle é reaxustar as aliñacións do bloque 6 do proxecto de compensación do dito polígono.

Sométese o expediente a información pública e audiencia dos interesados durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (artigo 73 e concordantes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia).

Durante este período o expediente está á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de presentar alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

Oroso, 27 de decembro de 2013

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde