Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2014 Páx. 3577

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (340/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 340/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Iglesias Pereira contra a empresa Escayolas Gasamáns, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Dolores Iglesias Pereira e, en consecuencia, condeno a empresa Escayolas Gasamáns, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.098,83 euros.

Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Advírtese a Escayolas Gasamáns, S.L. de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial