Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2014 Páx. 3578

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (409/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 409/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adán Ramos Andrade contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Adán Ramos Andrade e, en consecuencia, condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 5.987,20 euros, respecto do cal se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET a suma de 5.317,70 euros. Condénase o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

Advírtese a Esabe Vigilancia, S.A. de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial