Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3477

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre aparcadoiro de vehículos ao aire libre no Cotiño (Dornelas) (expediente 2012/412).

Sométese a información pública o expediente 2012/412, tramitado por instancia de Catrina Gómez García para a concesión dunha licenza de actividade para un aparcadoiro de vehículos ao aire libre no Cotiño, na parroquia de Dornelas deste municipio. De conformidade co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente estará á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que consideren convientes.

Mos, 14 de novembro de 2013

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo