Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 23 de decembro de 2013 polo que se somete a información pública o trámite de competencia de proxectos relativo á solicitude presentada pola Asociación de Propietarios de Embarcacións da 7ª lista Robaleira de Bueu dunha concesión administrativa no porto de Bueu.

A Asociación de Propietarios de Embarcacións da 7ª lista Robaleira de Bueu solicitou a este ente público unha concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Bueu con destino á construción e explotación dun pantalán para atracada de embarcacións deportivas no porto de Bueu.

O que, en cumprimento do artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia, se fai público para que nun prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan presentarse outras solicitudes que teñan o mesmo ou distinto obxecto que aquela, debendo reunir os requisitos previstos no artigo 84 do citado Real decreto lexislativo 2/2011.

As solicitudes poderán presentarse mediante escrito dirixido ao presidente do ente público Portos de Galicia, sito no Edificio de Área Central, 5-A, 6º, 15706 Santiago de Compostela. O plano de localización da concesión solicitada atópase á disposición do público para o seu exame en horas de oficina, nas citadas oficinas en Santiago de Compostela e na páxina web www.portosdegalicia.es.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia