Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3410

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de xaneiro de 2014 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos, convocados polas ordes do 28 de decembro de 2007 e do 27 de xullo de 2011.

En virtude das ordes do 28 de decembro de 2007 e do 27 de xullo de 2011 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro de 2008, e núm. 144, do 28 de xullo de 2011, respectivamente) convocáronse procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos.

Pola Orde do 17 de novembro de 2010 (DOG núm. 225, do 23 de novembro) foron nomeados/as funcionarios/as da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais aos/ás aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007.

Por Resolución do 21 de maio de 2013 (DOG núm. 104, do 3 de xuño), o tribunal designado para cualificar o proceso selectivo convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron e se atopan á espera de nomeamento e adxudicación de destino.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran na Orde do 17 de novembro de 2010, así como os/as aspirantes que figuran na Resolución do 21 de maio de 2013 ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 29 de xaneiro de 2014, ás 10.30 horas.

Segundo. Os/as funcionarios/as e aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde obtida no respectivo proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

O funcionario nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2010 da quenda de promoción interna terá en todo caso preferencia sobre os/as provenientes do sistema de acceso libre, e estes sobre os/as aspirantes que figuran na Resolución do 21 de maio de 2013.

Terceiro. Os/as funcionarios/as e aspirantes deberán ir provistos/as de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás funcionarios/as nomeados/as pola Orde do 17 de novembro de 2010 que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás funcionarios/as presentes ou representados/as, entre as que queden sen adxudicar.

De igual xeito se procederá respecto dos/das aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas dos/das aspirantes presentes ou representados/as, entre as que queden sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse do disposto no punto anterior os/as funcionarios/as nomeados/as pola Orde do 17 de novembro de 2010 que ocupen un posto ao cal fosen adscritos/as polo sistema de libre designación. Neste caso a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os/as funcionarios/as e aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

Observacións

1

MAA010000115770035

26

A1

Especial

Área de Autorizacións e Concesións

MA

Augas de Galicia

S. X. de Xestión do Dominio Público Hidráulico

Santiago de Compostela

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

2

MAA010000215770064

26

A1

Especial

Área de Instrumentos da Planificación

MA

Augas de Galicia

S. X. de Programación e Proxectos

Santiago de Compostela

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

3

MAA992000015770031

26

A1

Especial

Área de Autorizacións e Concesións

MA

Augas de Galicia (Servizos periféricos)

Demarcación Galicia - Centro (Santiago de Compostela)

Santiago de Compostela

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

4

MAA992000036560031

26

A1

Especial

Área de Autorizacións e Concesións

MA

Augas de Galicia (Servizos periféricos)

Demarcación Galicia - Sur (Vigo)

Vigo

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

5

MAC040000015770005

26

A1

Especial

Arquitecto/a-enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

S. X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Santiago de Compostela

Arquitectura, enxeñ.camiños, canles e portos

Coñecementos urbanismo (mérito)

 

6

MAC040000015770008

26

A1

Especial

Arquitecto/a-enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

S. X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Santiago de Compostela

Arquitectura, enxeñ.camiños, canles e portos

Coñecementos urbanismo (mérito)

 

7

MAC040000015770010

26

A1

Especial

Arquitecto/a-enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

S. X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Santiago de Compostela

Arquitectura, enxeñ.camiños, canles e portos

Coñecementos urbanismo (mérito)

 

8

MAC050000115770031

25

A1

Especial

Unidade intervención ambiental VII

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S. X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicas ambientais (mérito)

 

9

MAC050000115770034

25

A1

Especial

Unidade intervención ambiental IX

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S. X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicas ambientais (mérito)

 

10

MAX010000015770006

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

11

MAX010000015770009

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

12

MAX010000015770010

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

13

MAX010000015770011

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

14

MAX010000015770016

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

15

MAX010000015770017

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

16

MAX010000015770018

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

17

MAX010000015770020

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

18

MAX010000015770023

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

19

MAX991000032001011

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos periféricos)

Delegación provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense

Ourense

Enxeñ. camiños, canles e portos

 

 

20

MAX991000036001009

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos periféricos)

Delegación provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra

Pontevedra

Enxeñ. camiños, canles e portos