Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2014 Páx. 3384

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Estudios Cacumen, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

3. Data:

Os días 7, 8, 14 e 15 de febreiro de 2014.

4. Lugar de realización:

Cacumen, rúa Tui, nº 24, baixo, 27004 Lugo.

5. Número de prazas:

Máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a:

Persoal auxiliar dos servizos de aplicación de biocidas, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa:

Día 7.2.2014

16.00-18.30 h

Biocidas. Descrición e clasificación dos distintos tipos de biocidas.

18.30-21.00 h

Principais pragas. Pragas ambientais. Loita contra as pragas ambientais. Métodos de loita antivectorial.

Día 8.2.2014

9.00-11.30 h

Técnicas de aplicación de biocidas.

11.30-14.00 h

Prácticas: as principais pragas e métodos de loita. Métodos de prevención contra pragas.

Día 14.2.2014

15.30-18.30 h

Riscos derivados da manipulación de biocidas. Biocidas e ambiente. Problemas de destrución de envases.

18.30-21.00 h

Hixiene e seguridade na manipulación de biocidas. Intoxicación, prevención, diagnóstico e primeiros auxilios.

Día 15.2.2014

9.00-11.00 h

Prácticas: uso adecuado dos medios de protección persoal. Destrución de envases. Actuación e primeiros auxilios ante intoxicacións por biocidas.

11.00-13.30 h

Aplicación de distintos métodos de loita contra as pragas ambientais. Técnicas de aplicación de biocidas.

13.30-14.30 h

Exame tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

Datas: os días 7, 8, 14 e 15 de febreiro de 2014.

Lugar de realización do curso: Cacumen, rúa Tui, nº 24, baixo, 27004 Lugo.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: o día 7 de febreiro en horario de 16.00-21.00 h, o 8 de 9.00-14.00 h, o 14 en horario de 15.30-21.00 h e o día 15 de 9.00-14.30 h.

Nº de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes: Estudios Cacumen, rúa Tui, nº 24, baixo, 27004 Lugo, telefono: 982 24 39 44, Fax: 982 28 41 61, correo eléctronico: cacumen@cacumenlugo.com

Fecha límite de presentación de solicitudes: 3 de febreiro de 2014.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Apelidos

Nome

NIF

Enderezo

Localidade

Teléfono Fax

Empresa