Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2014 Páx. 3130

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (257/2013).

Nº de autos: execución de títulos xudiciais 257/2013.

Demandante: Susana Taboada Pol.

Abogado: Pedro Blanco Lobeiras.

Demandada: Moure Pan, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 257/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Tobaoda Pol contra a empresa Moure Pan, S.L., sobre despedimento, ditouse auto o 3 de xaneiro de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Susana Taboada Pol coa entidade Moure Pan, S.L., e condénase esta a que aboe á executante Susana Taboada Pol a cantidade de 29.671,42 euros en concepto de indemnización e 14.441,04 euros en concepto de salarios de tramitación.

Faise saber que en caso de non dar cumprimento á presente resolución continuará a presente como execución en diñeiro, polo importe total de 44.112,46 euros incrementados con 4.411,246 euros en concepto de xuros e custas da execución, sen prexuízo este último importe de ulterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A maxistrada xuíza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Moure Pan, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial