Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2014 Páx. 2932

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao amparo da Orde do 13 de maio de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas que transcorran por un ou varios termos municipais na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, no artigo 78.8º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no artigo 23 da Orde do 13 de maio de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas que transcorran por un ou varios termos municipais na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, procédese por medio desta resolución á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía e Industria ao abeiro da Orde do 13 de maio de 2013.

Deste xeito, cómpre sinalar, polo que atinxe ás axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2013, o seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 13 de maio de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas que transcorran por un ou varios termos municipais na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

b) Aplicación orzamentaria: 08.03.-733A.760.0.

c) Crédito orzamentario: ano 2013, 1.461.107,55 €.

d) Destinatarios: concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Beneficiarios, importe e finalidade das axudas: no anexo á presente resolución recóllense os beneficiarios, o importe e a finalidade das axudas.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO
Subvencións concedidas

Concellos beneficiarios individualmente ou de forma conxunta baixo calquera fórmula (agrupación, fusión ou calquera outra similar)

NIF

Concello representante do proxecto

Subvención concedida 2013 (euros)

Finalidade da subvención

Oza-Cesuras

P1506400I

17.100,00

Soterramento de liñas eléctricas da Penexa.

Negreira-A Baña

P1505700C

Negreira: 91.999,99

A Baña: 8.000,00

Soterramento de infraestruturas eléctricas en Negreira e A Baña.

Carballo-A Laracha

P1501900C

Carballo: 89.997,10

A Laracha: 10.002,90

Soterramento de infraestruturas eléctricas de baixa tensión, alta tensión e iluminación pública na Piña.

Bande

P3200700G

87.869,24

Soterramento de liñas eléctricas de distribución e iluminación pública no acceso ao grupo escolar de Bande.

Crecente

P3601400I

25.482,20

Soterramento das instalacións eléctricas na rúa Solís Ruiz.

Abadín

P2700100G

96.799,37

Soterramento da liña de media tensión na estrada de Fanoi, baixa tensión na Nacional-634 e centro transformación.

A Lama

P3602500E

40.164,92

Soterramento de infraestruturas eléctricas nas inmediacións do pavillón, parque infantil e da igrexa da Lama.

Covelo

P3601300A

80.323,67

Soterramento de liñas eléctricas de media tensión, centro transformación e baixa tensión no núcleo urbano de Covelo.

Barreiros

P2700500H

30.750,50

Soterramento de liñas eléctricas de baixa tensión no concello de Barreiros.

Tordoia

P1508500D

57.144,78

Soterramento de liñas eléctricas de media tensión na Pontepedra, Cabaleiros.

Parada de Sil

P3205800J

79.991,66

Soterramento de infraestruturas eléctricas de baixa tensión e iluminación pública na rúa do Barrio e praza do Concello.

Montederramo

P3205000G

75.519,49

Soterramento de liñas eléctricas de baixa tensión e iluminación pública en Montederramo.

Ribas de Sil

P2705200J

34.976,33

Soterramento de infraestruturas eléctricas no núcleo urbano de San Clodio-Barrio de Outeiro.

Sandiás

P3207800H

93.202,96

Soterramento de infraestruturas eléctricas de baixa tensión e iluminación pública no núcleo de Sandiás.

Fornelos de Montes

P3601900H

99.999,99

Soterramento de infraestruturas eléctricas aéreas nas inmediacións do CEIP Dr. Suárez, da praza de abastos e do parque infantil.

Amoeiro

P3200300F

87.318,86

Soterramento de infraestruturas eléctricas aéreas de liñas eléctricas de media tensión no núcleo de Amoeiro.

Quiroga

P2705000D

61.090,78

Soterramento de Infraestruturas eléctricas nas inmediacións do auditorio municipal.

San Cibrao das Viñas

P3207600B

66.439,48

Soterramento de infraestruturas eléctricas de baixa tensión de distribución e iluminación pública na rúa principal de Reboredo.

Laza

P3204000H

81.613,28

Soterramento de liñas eléctricas aéreas de distribución en baixa tensión e iluminación pública na Alberguería.