Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2014 Páx. 2935

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social, e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

3. Data.

Os días 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12, 13, 17, 18, 19 e 20 de febreiro de 2014.

4. Lugar de celebración.

Instalacións Escurís, S.L.

A Baiuca, s/n

15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

5. Número de prazas.

Máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a.

Todo o persoal auxiliar dos servizos de aplicación de biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa.

Día 3.2.2014

18.00-23.10 horas

Biocidas. Concepto de biocida. Historia.

Composición. Utilización de biocidas.

Clasificación dos biocidas.

Lexislación aplicable aos biocidas.

Día 4.2.2014

18.00-23.10 horas

Biocidas: clasificación-almacenamento-transporte.

Lexislación aplicable aos biocidas.

A etiqueta dos envases dos biocidas. Etiquetaxe.

Día 5.2.2014

18.00-23.10 horas

Biocidas: formulación-preparación de biocidas.

Lexislación de aplicación. Produtos utilizados.

Práctica-preparación de disolucións.

Día 6.2.2014

18.00-23.10 horas

Riscos para o home derivados do uso de biocidas.

Prevención de riscos laborais. Relación traballo-saúde.

Toxicidade dos biocidas. Estudos de letalidade. Efectos tóxicos.

Seguridade laboral. Seguridade non laboral.

Frases H. Frases P.

Día 10.2.2014

18.00-23.10 horas

Criterios de prevención de intoxicación por praguicidas. Condutas que se deberán seguir no caso de intoxicación. Antídotos.

Práctica: primeiros auxilios. Masaxe cardíaca.

Día 11.2.2014

18.00-23.10 horas

Técnicas de aplicación de biocidas. Descrición dos equipamentos mecánicos.

Métodos de loita antivectorial: químicos e biolóxicos.

Tipos de embocaduras.

Día 12.2.2014

18.00-23.10 horas

As pragas. Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas.

Día 13.2.2014

18.00-23.10 horas

As pragas. Pragas de interese en saúde pública. Pragas de insectos.

Práctica: identificación.

Día 17.2.2014

18.00-23.10 horas

As pragas. Pragas urbanas. Pragas doutros insectos e ácaros. Microorganismos produtores de enfermidades: bacterias e fungos.

Práctica: identificación.

Día 18.2.2014

18.00-23.10 horas

Pragas de roedores. Aves. Métodos de loita antivectorial.

Métodos físicos e mecánicos. Métodos biolóxicos.

Práctica: manexo de cebos.

Día 19.2.2014

18.00-23.10 horas

Biocidas e ambiente. Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas de contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico.

Día 20.2.2014

18.00-23.10 horas

Biocidas e ambiente.

Eliminación de envases. Pautas. Problemas derivados.

Avaliación.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

Datas: os días 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12, 13, 17, 18, 19 e 20 de febreiro de 2014.

Lugar de celebración do curso:

Instalacións Escurís, S.L.

A Baiuca, s/n

15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Duración: 60 horas teórico-prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 18.00 ás 23.10 horas.

Nº de prazas: máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviaranse a Biocontrol; avenida Primo de Rivera, nº 4, 2º, local 6-7, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 24 54 18. Fax: 981 16 81 59, correo electrónico biocontrol@biocontrolbcl.com, acompañadas do xustificante de pagamento.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude e xustificante de pagamento.

–––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––

EMPRESA: ............................................................................................................................

CIF: ........................................................................................................................................

ENDEREZO: .........................................................................................................................

LOCALIDADE: .......................................................................................................................

TELÉFONO: ......................................... FAX: ........................................................................

CORREO ELECTRÓNICO: ...................................................................................................

APELIDOS: ...........................................................................................................................

NOME: ...................................................................................................................................

NIF: ........................................................................................................................................