Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2014 Páx. 2817

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de ampliación de dous equipamentos educativos.

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do día 23 de decembro de 2013, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de ampliación de dous equipamentos educativos (PE EE), redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L.P. e suspender o procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado conforme o artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. A expresión gráfica queda reflectida no plano de suspensión de licenzas que se xunta.

O expediente sométese a información pública durante un mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, coa finalidade de que o que o desexe poida examinalo e deducir, durante o citado prazo, cantas alegacións ou observacións considere oportunas. Simultaneamente, notificaráselles individualmente a todos os propietarios dos terreos afectados.

Lugar de exposición do expediente: secretaría (1º andar Casa do Concello).

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

A Laracha, 26 de decembro de 2013

José Manuel López Varela
Alcalde

missing image file