Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2014 Páx. 2816

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan de sectorización do solo apto para urbanizar-baixa densidade 8.

Por acordo do Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión do 28 de novembro de 2013 acordou aprobar definitivamente o Plan de sectorizacion do solo apto para urbanizar-baixa densidade número 8, sito en Quintán, parroquia de Cecebre, previsto nas normas subsidiarias do planeamento de Cambre, elaborado polo arquitecto Andrés Soto Núñez e promovido por General de Terrenos y Edificios, S.L.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Así mesmo, faise constar que o dito acordo aprobatorio, así como dous exemplares deste plan de sectorización remitíronse con data do 11 de decembro de 2013 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para os efectos previstos no punto 3 do artigo 92 citado.

Contra este acordo non se poderá recorrer en vía administrativa, senón tan só a través do correspondente recurso contencioso-administrativo, de conformidade cos artigos 107.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e 85.11 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

O prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte á última publicación deste anuncio, e deberá presentalo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Cambre, 11 de decembro de 2013

P.D. (R.A. nº 1000/2011, do 17 de xuño)
Rocío Vila Díaz
Concelleira delegada da Área de Urbanismo e Medio Ambiente