Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2648

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de contratación do servizo de control de pragas urbanas no concello (desratización, desinfección, desinsectación e outras).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: control de pragas urbanas no concello de Vilagarcía de Arousa (desratización, desinfección, desinsectación e outras).

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución (anos): dous anos, prorrogables por anualidades ata un máximo de dúas (duración total do contrato, incluídas as posibles prórrogas, catro anos).

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Tramitación do gasto: anticipada.

4. Orzamento base de licitación.

Sen IVE: 57.768,30 €.

IVE (21 %):12.131,34 €.

Total (IVE incluído): 69.899,64 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa; praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00, fax: 986 50 34 27, páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finalice o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: cláusula VI e anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 do PCAP.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si. As indicadas no anexo IX do PCAP.

9. Apertura dos sobres B e C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I.A) do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que lles será comunicada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xere a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 1.000 €, así como os demais indicados na cláusula 22 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 19 de decembro de 2013

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde