Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2650

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de convocatoria do premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo 2014.

Para os efectos oportunos, faise público que no BOP número 11, do 15 de xaneiro de 2014, se publica anuncio relativo á convocatoria do premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo, para o ano 2014, consistente nun único premio, cunha dotación total de 3.000,00 €. O prazo de presentación de propostas e traballos finaliza o día 15 de marzo próximo e deben ser remitidos á Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, coa epígrafe Premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo. Pode solicitarse información no teléfono 988 38 52 07 ou no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación Provincial de Ourense.

Ourense, 16 de xaneiro de 2014

Rosendo Luis Fernández Fernández
Presidente en funcións