Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2604

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3470/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3470/2011 desta Sección, seguido por instancia de Argimiro Cereijo Pato contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pedralar, S.L., Lorenvar, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, se ditou a resolución seguinte:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da parte demandante Argimiro Cereijo Pato contra a sentenza do 15 de abril de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, nos autos número 550/2008, seguidos por instancia do demandante contra as demandadas Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega e as empresas Pedralar, S.L. e Lorenvar, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto Recurso, seguida do código 35 Social casación. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código 35 Social casación. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma a Pedralar, S.L. e Lorenvar, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 31 de decembro de 2013

A secretaria xudicial