Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2652

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO polo que se fai pública a delegación do Concello de Caldas de Reis nesta deputación para que exerza as facultades de inspección da liquidación da taxa do 1,5 %, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada da actividade inspectora.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de novembro de 2013, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Caldas de Reis, por Acordo do Pleno do 1 de outubro de 2013, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección da liquidación da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral, taxa do 1,5 %, así como a emisión, recadación e revisión da liquidación derivada da actividade inspectora.

A citada delegación levaraa a cabo a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 4 de decembro de 2013

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra