Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2653

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO polo que se fai pública a revogación da delegación nesta deputación das facultades de xestión e recadación directas do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do concello de Cangas.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de novembro de 2013, acordou por unanimidade aceptar a revogación da delegación na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de xestión e recadación directas en período voluntario do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do concello de Cangas. Esta revogación foi efectuada, de conformidade co establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 3 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, polo Pleno do Concello de Cangas na sesión que tivo lugar o 30 de maio de 2013.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 4 de decembro de 2013

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra