Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2014 Páx. 2622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de xaneiro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2013136AL-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 20 de decembro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou a resolución do expediente sancionador 2013136AL-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Mary Ávila Rodríguez, titular do establecemento Pastelería Uvepan.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Mary Ávila Rodríguez, titular do establecemento Pastelería Uvepan, o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo núm. 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fora hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fora hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia); en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 2 de xaneiro de 2014

P.S. (Resolución da conselleira de Sanidade do 19.12.2013)
José Luis Fugarolas Villamarín
Xefe do Servizo de Control de Riscos Ambientais

ANEXO

Nº expediente: 2013136AL-LU.

Denunciada: Mary Ávila Rodríguez, titular do establecemento Pastelería Uvepan.

NIF: X5405034B.

Último enderezo coñecido: rúa Conde, núm. 20, 27003 Lugo (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Artigos 5.1 e 5.4 e punto 1 do capítulo XII do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigo 4 do Decreto 290/2003, do 4 de xuño, polo que se fixan as normas relativas á formación de manipuladores de alimentos, o procedemento de autorización de empresas e entidades de formación e se crea o rexistro delas.

– Artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: trescentos euros (300,00 €).