Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2402

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para a ampliación de explotación de gando porcino de ceba.

Presentada neste concello por José Cancela García solicitude de licenza municipal para a ampliación de explotación de gando porcino de ceba, no predio 13 do polígono 30, coa referencia catastral 36052A030000130000KF, nas proximidades do lugar de Rabo de Gato, parroquia de Moalde (Silleda), con base no proxecto redactado por Ramón Moreira García. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte (20) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e o expediente poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, todo iso para os efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 7 de xaneiro de 2014

Manuel Cuíña Fernández
Alcalde presidente