Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitado con carácter ordinario, para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade do Hospital de Verín e do Hospital Comarcal de Valdeorras, dependentes desta xerencia (AB-EIO1-14-006).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Sección de Contratación Administrativa.

2. Enderezo: rúa Ramón Puga, 52.

3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4. Teléfono: 988 38 59 50.

5. Telefax: 988 38 50 08. RightFAx 881 54 70 69.

6. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIO1-14-006.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade do Hospital de Verín e do Hospital Comarcal de Valdeorras, dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) Lugar de execución: ver o número 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: 24 mensualidades contadas desde a data de formalización.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 79710000-4 / 79714000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Valor estimado do contrato: 1.441.487,62 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 565.289,26 €. Importe total: 684.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), de ser o caso: ver o número 15 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver os números 16 e 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte).

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

2. Enderezo: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Edificio Administrativo, planta baixa. Ramón Puga, 52.

3. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver o número 11.3 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: ver o número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Enderezo: publicarase no perfil de contratante.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a data e hora de apertura dos sobre B e C publicaranse no perfil de contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario: ver o número 26 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Ourense, 17 de decembro de 2013

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras