Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2014 Páx. 2263

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3252/2013).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 3252/2013 desta Sección, seguido por instancia de Sabico Seguridad, S.A. contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e José Manuel Crespo García, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

Que, estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola empresa Sabico Seguridad, S.A. contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 desta capital, con data do 26 de febreiro de 2013, nestes autos sobre despedimento, seguidos por instancia do traballador José Manuel Crespo García fronte á referida recorrente, así como fronte á tamén demandada Esabe Vigilancia, S.A., debemos revogar e revogamos parcialmente a dita sentenza e, modificando a cualificación do despedimento nulo pola de improcedente, condenamos a empresa demandada recorrente Sabico Seguridad, S.A. a que, a opción do traballador, o subrogue nas mesmas condicións que rexían antes do seu despedimento, ou a que lle aboe en concepto de indemnización a suma de corenta e oito mil seiscentos corenta e dous euros con trinta e sete céntimos (48.642,37 euros) con aboamento, en todo caso, dada a súa condición de representante dos traballadores, dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento, a razón de 50,09 euros diarios. Con absolución da demandada recorrente do aboamento de 5.000 euros a que fora condenada pola sentenza impugnada, xa que non existiu atentado á liberdade sindical.

Déase o destino legal aos depósitos e consignacións constituídos pola empresa para recorrer.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial