En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Data de publicación no perfil do contratante: 9 de outubro de 2013.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: contrato de servizo suxeito a regulación harmonizada da campaña de promoción de Turismo de Galicia durante 2014 (2 lotes).
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios e suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento base de licitación:
Lote 1: 743.801,65 euros, IVE excluído.
Lote 2: 2.975.206,61 euros IVE excluído.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación:
Lote 1: 10 de decembro de 2013.
Lote 2: 11 de decembro de 2013.
b) Data de formalización do contrato:
Lote 1: 30 de decembro de 2013.
Lote 2: 31 de decembro de 2013.
c) Adxudicatario:
Lote 1: Grupo Bap & Conde, S.A.
d) Importe de adxudicación do lote 1 : 676.850,00 euros, IVE excluído.
Lote 2: Avante Marketing y Medios, S.L.
d) Importe de adxudicación do lote 2: 2.975.206,61 euros, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia