En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Data de publicación no perfil do contratante: 27 de decembro de 2013.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: contrato de servizo de deseño, maquetación, artes finais e impresión do catálogo da exposición Auga Doce.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: negociado sen publicidade.
4. Orzamento base de licitación: 49.500,00 euros, IVE excluído.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 19 de decembro de 2013.
b) Data de formalización do contrato: 27 de decembro de 2013.
c) Adxudicatario: Turner Publicacións, S.L.
d) Importe de adxudicación: 49.000,00 euros, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia