Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2014 Páx. 2071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2014 pola que se notifica a resolución ditada no expediente IG107.2012.1.23.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta resolución notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Advírteselles aos interesados que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela; Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG107.2012.1.23

Pereira Vázquez, María Montserrat

Axudas aos proxectos de creación de pemes ou de realización de investimentos en pemes novas promovidas por novos emprendedores (Resolución do 11 de xuño de 2012; DOG núm. 115, do 18 de xuño)

5.11.2013

Director da Área de Competitividade

Resolución de recurso de reposición