Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2014 Páx. 2073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2014 pola que se lles comunica o inicio de procedemento de incumprimento total e, se é o caso, a resolución de retención de pagamento, aos titulares dos expedientes que se relacionan.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), por esta resolución ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución que o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas, e suspender os pagamentos naqueles expedientes que xa tivesen presentada a solicitude de cobramento, ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentaren alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa, e contra elas os titulares dos expedientes en que se acordou esta suspensión poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela; Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data da resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG114.2010.1.34

Asociación Empresarios Urbanización Los Rosales

Axudas a proxectos de iniciativas abertas de difusión (Resolución do 15 de abril de 2010; DOG núm. 73, do 20 de abril)

23.10.2013

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG114.2010.2.196

Asociación Empresarios Comarca de Arzúa

Axudas a proxectos de iniciativas abertas de difusión (Resolución do 15 de abril de 2010;

DOG núm. 73, do 20 de abril e Resolución do 19 de xaneiro de 2011; DOG núm. 14, do 21 de xaneiro)

23.10.2013

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG133.2010.2.255

Perfecto Pérez, S.L.

Axudas á implantación e certificación de sistemas de xestión ambiental, sistemas integrados de calidade e ambiente, excelencia empresarial e sistemas de xestión de seguridade da información, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 21 de maio de 2010; DOG núm. 100, do 28 de maio e Resolución do 10 de marzo de 2011; DOG núm. 63, do 30 de marzo)

25.11.2013

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG173.2012.1.4

Mascota Cadelín, S.L.

Axudas á internacionalización das empresas galegas: liña de prospección internacional (Resolución do 24 de febreiro de 2012;

DOG núm. 41, do 28 de febreiro)

23.10.2013

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG178.2010.1.309

Yobu, S.L.

Axudas ao sector do comercio polo miúdo complementarias á liña de circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas (Resolución do 25 de febreiro de 2010;

DOG núm. 44, do 5 de marzo)

25.11.2013

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

I1/10.0049.4918.N.201000100

Comercial Xoiván, S.L.

Axudas para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro de determinadas liñas ICO 2010 (Resolución do 23 de novembro de 2010; DOG núm. 230, do 30 de novembro)

20.11.2013

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos