Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2014 Páx. 2026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 30 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador á empresa Mantenimientos y Revisiones Sol, S.L. (expediente IN635C 2013/70-4).

Ante a imposibilidade da súa notificación, por medio desta cédula notifícase a Mantenimientos y Revisiones Sol, S.L. a incoación de expediente sancionador do 22 de novembro de 2013.

Comunícaselle que o dito acordo se atopa á súa disposición, no prazo de quince (15) días, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, Pontevedra.

Así mesmo, durante ese mesmo prazo, e de acordo co disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar cantas alegacións e/ou documentos considere convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

No caso de non presentar alegacións no prazo sinalado, o acordo poderá considerarse proposta de resolución.

O presunto responsable poderá recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, a partir dese momento poderase adoptar a correspondente resolución coa imposición da sanción que corresponda.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 30 de decembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra