En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada polo Sindicato Labrego Galego (SLG) o 10 de decembro de 2013,
DISPOÑO:
Artigo 1
Nomear membro titular no Consello Económico e Social de Galicia a Ramón Barreiro Carnota, en representación do Sindicato Labrego Galego (SLG).
Artigo 2
Nomear membro suplente no Consello Económico e Social de Galicia a María Jesús Vieites Calvo, en representación do Sindicato Labrego Galego (SLG).
Santiago de Compostela, oito de xaneiro de dous mil catorce
Alberto Núñez Feijóo
Presidente