Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2014 Páx. 1860

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 2/2014, do 8 de xaneiro, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada polo Sindicato Labrego Galego (SLG) o 10 de decembro de 2013,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cese como membro titular no Consello Económico e Social de Galicia Xosé Pérez Rei, en representación do Sindicato Labrego Galego (SLG).

Artigo 2

Que cese como membro suplente no Consello Económico e Social de Galicia Ramón Barreiro Carnota, en representación do Sindicato Labrego Galego (SLG).

Santiago de Compostela, oito de xaneiro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente